A Lourenzá do novo século





“O progreso e o desenvolvemento son imposibles se un segue a facer as cousas tal e como sempre as fixo” Wayne Dyer

“Se a información e o coñecemento son centrais para a democracia, son condicións para o desenvolvemento” Kofi Annan

viernes, 19 de febrero de 2010

A Sociedade Rede, Manuel Castells

A Sociedade Rede é 1º volumen da triloxía A Era da Información do sociólogo Manuel Castells, a cal da conta dos efectos fundamentais da tecnoloxía da información no mundo contemporáneo.
Coa finalidade de analizar os efectos sociais das tecnoloxías da información, Castells fai un percorrido polos comezos e avances das novas tecnoloxías dende a súa orixe, alá pola década dos anos 70 do século XX.
Tomando como referencia a definición de tecnoloxía como “o uso do coñecemento científico para especificar xeitos de facer cousas de maneira reproducible” destácanse diferentes áreas no que ao campo das tecnoloxías da información e refire: a microelectrónica, a informática, as telecomunicacións/televisión/radio/optoelectrónica e a enxeñería xenética; todas elas crean un campo tecnolóxico onde a información se xera, almacena, recobra e transmite, ó tempo que levan á creación de Internet, considerado hoxe como o medio tecnolóxico máis revolucionario na Era da Información.
As principais características desta revolución son a rapidez coa que se difunde por todo o mundo e a aplicación do coñecemento nun círculo de retroalimentación acumulativa, onde o home pode ser usuario e creador ó mesmo tempo, o que implica que o papel social do home se reformule, xa non é só un elemento da cadea de produción, senón que vai ser capaz de producir por el mesmo.
Un aspecto salientable da tecnoloxía da información é que non chega de igual xeito a tódalas áreas do mundo, xa que a súa difusión é selectiva, o que da lugar a desigualdade social, tanto internacional como local.
Segundo Castells, a partir de 1970 as sociedades convértense en post-industriais e prodúcese unha reestructuración económica e tecnolóxica que conleva unha reducción do emprego industrial en todos os países, aínda que desigualmente; deste xeito, serán os países capitalista máis desenvoltos os que rexistren unha maior taxa de emprego baseado no procesamento da información.
Por outra banda, está a preocupación polo desemprego ante a automatización das novas tecnoloxías; sen embargo, son os países máis informacionalizados como Estados Unidos ou Xapón, os que teñen unha menor taxa de desemprego e unha maior creación de postos laborais nas últimas décadas en comparación con países europeos, sendo no sector servicios onde máis aumentou o emprego. En relación a esto, destaca o feito de que a sociedade informacional non destrúe emprego senón que despraza traballadores a outros sectores e crea postos máis flexibles, ó tempo que rompe cos modelos tradicionais de emprego; polo tanto, Castells atribúe as altas taxas de desemprego a factores como as políticas económicas e a estructura institucional de cada país, así como á incorporación masiva da muller ó mundo laboral nos últimos 30 anos.
Noutra orde de cousas atopamos do termo de “cidade global”. Esta designación non se refire a un lugar concreto, senón a un proceso, onde centros de produción e consumo de servicios avanzados e as súas sociedades locais se conectan nunha rede global que depende dos fluxos de información.
Tendo en conta o anterior, existe unha organización xerárquica ó redor dos principais centros que manteñen o poder informacional: Nova York, Londres e Tokio; a partir de aí repártense distintos centros importantes en distinta áreas e de caracter máis rexional ou local.
O proceso de produción establécese en diferentes emplezamentos, manténdose unido polas conexións de telecomunicacións, e require man de obra específica, polo que na localización do espacio industrial téñense en conta factores económicos e sociais. Neste senso, obsérvase unha descentralización da produción, producíndose unha rutura entre proximidade espacial e realización de actividades cotidianas; sen embargo, segundo Castells, esto non conlevaría á desapariación das cidades, senón á transformación urbana de cada unha delas, en función dos eu contexto histórico-social e cultural. Coa sociedade informacional non só cambia o traballo na súa dimensión xeográfica, senón tamén dende o punto de vista espacial, aquí é destacable o papel do teletraballo.
A xeito de resumo, o que A Sociedade Rede plantexa é unha reestructuración social en tódolos seus ámbitos, xerada polo xurdimento das novas tecnoloxías que transforman o xeito de vida existente ata a actualidade a un ritmo nunca visto.

Finalmente, cabe salientar o que se pode extraer do texto de Castells en relación ó concello de Lourenzá. Posiblemente, a idea máis relevante sexa a da “desigualdade” xerada por unha difusión selectiva da tecnoloxía, posto que este municipio se destaca polo seu caracter rural, o envellecemento poboacional e o afastamento dun centro importante, o que supón desvantaxe á hora de sumarse á Era da Información e retrasa a reestructuración social a tódolos niveis.

3 comentarios:

  1. Paréceme moi acertada a estrutura do blog, as dúas frases que dan inicio ó blog forman parte d cultura das novas tecnoloxías, o que fai repensar neste tipo de cuestións. Moi boa a reflexión sobre Castells, pois maniféstanse os aspectos mai importantes do que dito autor quere expresar, como a extensión do concepto de nova tecnoloxía ós distintos eidos do coñecemento.
    Unha seguidora.

    ResponderEliminar
  2. Moi interesante pero existe a sociedade da información no concello de Lourenzá?

    ResponderEliminar
  3. Abdul Waheed Khan (subdirector xeral da UNESCO para a Comunicación e a Información), escribiu: “A sociedade da Información é a pedra angular das sociedades do coñecemento. O concepto de “sociedade da información”, ao meu parecer, está relacionado coa idea da “innovación tecnolóxica”, mentres que o concepto de “sociedades do coñecemento” inclúe unha dimensión de transformación social, cultural, económica, política e institucional, así como unha perspectiva máis pluralista e desenvolvedora. O concepto de “sociedades do coñecemento” é preferible ao da “sociedade da información” xa que expresa mellor a complexidade e o dinamismo dos cambios que se están dando. (...) o coñecemento en cuestión non só é importante para o crecemento económico senón tamén para empoderar e desenvolver todos os sectores da sociedade”.

    Tendo en conta a diferenciación anterior, se tomamos a "sociedade da información" como tal innovación tecnolóxia, non se pode afirmar que este fenómeno teña presenza en Lourenzá, dadas as características do municipio.

    ResponderEliminar