A Lourenzá do novo século





“O progreso e o desenvolvemento son imposibles se un segue a facer as cousas tal e como sempre as fixo” Wayne Dyer

“Se a información e o coñecemento son centrais para a democracia, son condicións para o desenvolvemento” Kofi Annan

viernes, 5 de marzo de 2010

Ciencia social e análise económico: estudos en homenaxe ao profesor Valentín Andrés Álvarez, 1978

Dentro deste libro, só imos falar de dous capítulos: De cómo deixei de ser Homo oeconomicus e A teoría da dependencia e o desenvolvemento rexional, pero antes convén aclarar o concepto de “Homo oeconomicus”.

O Homo oeconomicus é unha representación imaxinaria do ser humano, segundo a cal este se comportaría de xeito perfectamente racional ante estímulos económicos. As críticas que recibe o uso desta modelización por irreal, fan referencia a que o ser humano non se comporta de xeito absolutamente racional, polo que, segundo este razoamento, os modelos económicos non serían capaces de explicar e predicir o comportamento da economía.

Este concepto é empregado pola escola neoclásica, a cal ofrece un enfoque económico baseado na análise marxinalista ou da utilidade marxinal –utilidade ou satisfacción que brinda a un axente económico un ben por cada dose adicional que este consuma- e no equilibrio da oferta e demanda; é dicir, no mercado.

O autor presenta unha visión crítica co feito de que se lle deixe o poder ao mercado, ao que tacha de corruptor, e se lle cedan as decisións ao diñeiro; en definitiva, pon en dúbida o sistema capitalista e presenta ao socialismo como unha oportunidade para o desenvolvemento.

No que o subdesenvolvemento se refire, culpa aos países desenvolvidos de cementar o seu progreso sobre a pobreza allea, a través dunha periferia dependente do centro; ademais, destaca que esa estrutura tamén se da no interior dos países, entre rexións do “mundo rico”, tratándose de casos máis complexos, posto que non contan co efecto fronteira do que se poden valer os países en vías de desenvolvemento á hora de adoptar estratexias.

Finalmente, faise fincapé na importancia que ten o camiñar cara un poder estatal que represente os intereses dos marxinados, así como cara un poder rexional igualmente representativo e con participación suficiente para poder defender o seus intereses.

Algunhas das ideas recollidas neste texto a cerca da rexión son comparables á filosofía do desenvolvemento local, quen tamén incide na relevancia do papel que os axentes locais deben ter neste tipo de procesos.

1 comentario:

  1. O texto data do 1978, polo que a aposta polo socialismo, xa fracasado, non sería acertada; sen embargo, o capitalismo tamén parece presentar deficiencias que levaron tanto á esctrutura mundial actual coma á crise do último ano; polo tanto...Cales serían as características do modelo perfeto?

    ResponderEliminar